CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de agosto.

492

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terá lugar unha actividade formativa.

Os día 11, 12 e 13 de agosto celebrarase o curso Obradoiro de formación tecnolóxica maker onde se levarán a cabo actividades de deseño e impresión en 3D, electrónica, robótica, programación e moito máis. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.