O Concello levará a Pleno este mes a ordenanza reguladora do servizo de xestión do comedor escolar e madrugadores do colexio Vales Villamarín unha vez que xa foi adxudicada a prestación do mesmo, unha licitación que sacou o Concello unha vez rematado o anterior contrato, iniciado en 2021. A ordenanza fixa os novos prezos do servizo e o funcionamento do mesmo de cara ao vindeiro curso escolar.
A ordenanza establecerá o prezo do servizo que rexirá para os vindeiros anos así como as bonificacións que se realizarán por parte do Concello. Así, para os usuarios fixos, haberá unha bonificación do 30% para o alumnado pertencente a familias de espacial consideración (familias numeorsas, monoparentais, familias con persoas maiores, dependentes ou discapacidad a cargo, familias acolledoras, ou en situación de espacil vulnarabilidades económica e familias vítimas de violencia de xénero.
Tamén haberá bonificacións en relación a renda per cápita que van dende o 50% sobre a tarifa, ata o 75% ou incluso o 100%.
E a maiores, terán gratuidade os alumnos/as pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social.
A tarifa mensual por alumno responde ao resultado do estudo de custo que se realizou para o procedemento de licitación e contratación posterior. Sobre o prezo de licitación, cada empresa que se presentou ao concurso presentou as súas ofertas. O servizo adxudicado contempla unha tarifa de 95,60 euros ao mes para un servizo de todos os días, que se reduce a 71,70 euros para os meses de setembro, decembro, xaneiro, xuño e o mes de Semana Santa. Establécense prezos para asistir catro días a semana, tres días, dous días e un día por semana (catro días ao mes) e tamén a posibilidade de ir un día solto.
O prezo ten en conta o o incremento actual do custo, tanto das materias primas, como do transporte, e sobre todo, da suba dos salarios do persoal, marcada pola suba do Salario Mínimo Interprofesional, é o que da o prezo real do servizo
O presuposto que o Concello dedica a este servizo incrementouse para poder mantelo e dar cobertura a todas as persoas que o solicitan, que supoñen mais do 50% do alumnado do centro, motivo polo que se establecen dúas quendas para comer e condicionado polas limitacións do espazo físico. No actual curso escolar, dos 454 usuarios que ten o comedor, 253 están bonificados polo Concello. En madrugadores, dos 137 usuarios, 70 tamén están bonificados po0lo Concello.
Estas bonificacións supoñen para o Concello un custe de 182.500 euros anuais.
A alcaldesa, María Barral, destacou a aposta polos programas de conciliación e a preocupación social do goberno local que se ven reflexados tamén neste servizo que amosa, que tanto a conciliación como a protección social de menores en situación de risco de exclusión, son unha prioridade para este goberno, que mantén unha aposta clara por un servizo que non é de competencia municipal, existindo moi poucos comedores escolares en Galicia xestionados polos concellos”.
Os pregos polos que se rexiu a contratación da empresa incluiron unha serie de obrigas para garantir que o servizo se presta atendendo a criterios de calidade, polo que ademais da oferta económica, valorouse o proxecto técnico e outros aspectos como a utilización de produtos de proximidade ou a cercanía das instalacións onde se elabora a comida ao centro educativo.
A alcaldesa indicou tamén que como xa se veu facendo no anterior contrato, “continuaremos realizando un seguimento do servizo municipal de comedor para prestalo nas mellores condicións. O Concello tamén queda aberto a calquera suxestión e por suposto, a facilitar calquera aclaración sobre o servizo ás familias”.









