Xornadas portas abertas de waterpolo

559

O Concello de Betanzos xunto á Asociación Coruñesa Waterpolo, e grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, trala boa aceptación acadada en anteriores edicións, organiza unhas novas “Xornadas de portas abertas de Waterpolo” os sábados 24 e 31 de maio, e 7 e 14 de xuño entre as 18:00 e as 20:00 h, na piscina climatizada do Complexo Deportivo do Carregal, dirixidas á rapazada de entre 8 e 13 anos, que queran coñecer e practicar o deporte do waterpolo.

É imprescindible saber nadar e poderase anotar a unha sola, a varias ou a todas as xornadas.

Para participar prema aquí