Betanzos levará a Pleno a RPT despois de ser aprobada polo 72% da representación sindical dos traballadores

471

A Mesa Xeral de negociación do Concello aprobou, co visto e prace do 72% da representación sindical dos traballadores, a Relación de Posto de Traballo ( RPT) do Concello. Tras esta aprobación, o documento será levado a Pleno.

O documento, aprobado de forma inicial o pasado mes de febreiro, someteuse a aprobación da Mesa Xeral unha vez superado o trámite de presentación de alegacións, un período que se viu afectado polo estado de alarma.

En total presentáronse 39 alegacións das que se estimaron dúas e outras sete de forma parcial.

Unha vez que agora mesa xeral ratifica o documento, no que se recollen as alegacións que tecnicamente se consideraron admitidas, o goberno local trasladará agora ao pleno a proposta para a aprobación definitiva da Relación de Posto de Traballo.