Betanzos prepara a Semana da Tortilla que este ano se celebrará do 2 ao 11 de outubro

426

O Concello celebrará do 2 ao 11 de outubro a Semana da Tortilla de Betanzos. Por iso, o luns, día 21, abriuse o prazo de inscrición para esta edición. As persoas interesadas, profesionais do sector, terán ata o día 25 deste mes para inscribirse nas oficinas do edificio Liceo.

O obxectivo desta semana da Tortilla non é outro que promocionar un produto tan intrinsecamente ligado á gastronomía betanceira e que tanto os hostaleiros e hostaleiras como o Concello consideran que hai que manter aínda que a edición deste ano “haxa certas limitacións como consecuencia da Covid-19”.

Como en anos anteriores, entre os establecementos participantes elixirase a mellor tortilla a cargo de dous xurados. Un que realizará unha preselección, visitando por sorpresa durante os días previos á final os establecementos e outro, formado por representantes do tecido asociativo e recoñecidos membros do ámbito gastronómico, que será o encargado de escoller a mellor tortilla. A final, para a que se clasificarán cinco hostaleiros e hostaleiras, realizarase o día 11.