O Alumnado da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) realizou o luns, 1 de maio, o ‘Canto dos maios’.
Partindo ás 12:00 h do Centro Cultural San Francisco, tivo lugar o “Canto dos maios” por conta de parte do alumnado da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF), facendo paradas no Cantón Claudino Pita e no adro de San Domingos.
Organizou o Concello de Betanzos dentro do Programa do Día das Letras Galegas coa colaboración de Feitizo Flor S.L
1 de 25