Contacontos ilustrados sobre Francisco Fernández del Riego no mes das Letras Galegas

210

O Concello de Betanzos organiza dentro do programa das Letras Galegas 2023 cinco sesións de contacontos ilustrados sobre Francisco Fernández del Riego “Un día para as Letras. Pequena biografía ilustrada de Francisco Fernández del Riego” por conta de Polo Correo do Vento con Quique Mauricio e Carlos Taboada os días 8 e 18 de maio para o alumnado de secundaria do IES Francisco Aguiar e o IES As Mariñas.

A maiores, os días 25 e 30 de maio están programadas outras catro sesións destes contacontos para as persoas que participan nos obradoiros de memoria e estimulación congnitiva que o Concello de Betanzos realiza nos centros sociais de Betanzos, Xanrozo e Betanzos Infesta para as persoas maiores de sesenta anos.

Un día para as Letras. Pequena biografía ilustrada de Francisco Fernández del Riego”

Para o Día das Letras Galegas 2023 e o 60 aniversario desta celebración, Polo correo do vento preparou unha actividade de contacontos ilustrado baseada na publicación Un día para as Letras. Pequena biografía ilustrada de Francisco Fernández del Riego, editada a través de Lela Edicións. Nesta actividade, narrarán oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida do autor, e farán un obradoiro de debuxo no que realizarán unha caricatura do senlleiro activista da cultura de noso.