
O servizo municipal de comedor escolar do colexio Vales Villamarín atenderá este curso a 485 escolares, unha cantidade que pode variar en función da época do ano pero cunhas oscilacións mínimas.
Así o explicou a alcaldesa, María Barral, que fixo una visita as instalacións provisonais do comedor do centro educativo para comprobar o funcionamento do servizo durante estes primeiros días de curso. E é que as obras de mellora do colexio obrigaron a adaptar como comedor unha zona que inicialmente non estaba prevista para este fin. Repartida en tres grandes espazos, permite aos alumnos e alumnas dispoñer do servizo ata que non concluan os traballos de mellora do colexio.
Neste momentos o servizo préstase a 485 escolares, incluindo madrugadores e almorzo, e supón un gasto próximo aos 400.000 euros. Deles, a Xunta aporta 70.000 euros, e o resto é financiado polo Concello (aproximadamente 200.000 euros) e os usuarios/as que utilizan o servizo.
Este ano, a nova ordenanza do servizo recolle para os usuarios fixos unha bonificación do 30% para o alumnado pertencente a familias de especial consideración (familias numeorsas, monoparentais, familias con persoas maiores, dependentes ou discapacidad a cargo, familias acolledoras, ou en situación de espacil vulnarabilidades económica e familias vítimas de violencia de xénero.
Tamén bonificacións en relación a renda per cápita que van dende o 50% sobre a tarifa, ata o 75% ou incluso o 100%.
E a maiores, teñen gratuidade os alumnos/as pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social.
A tarifa mensual por alumno responde ao resultado do estudo de custo que se realizou para o procedemento de licitación e contratación posterior. Sobre o prezo de licitación, cada empresa que se presentou ao concurso presentou as súas ofertas. O servizo adxudicado foi de 95,60 euros ao mes para un servizo de todos os días, que se reduce a 71,70 euros para os meses de setembro, decembro, xaneiro, xuño e o mes de Semana Santa. Establéceronse prezos para asistir catro días a semana, tres días, dous días e un día por semana (catro días ao mes) e tamén a posibilidade de ir un día solto.
O prezo tivo en conta o o incremento actual do custo, tanto das materias primas, como do transporte, e sobre todo, da suba dos salarios do persoal, marcada pola suba do Salario Mínimo Interprofesional, é o que deu o prezo real do servizo.











