CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de abril.

338

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Os días 18,19,20,21,25 e 26 de abril comenzamos co curso “Iniciación á Informática” dirixido á poboación. En horario de 10:00 a 11:30 horas.

Os días 19,21,26 e 28 de abril comenzamos co curso “Trámites Electrónicos dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:00 a 17:30 horas.

O día 27 de abril será a quenda de “Factura da luz” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos que desexen aprender os conceptos básicos, os tipos de tarifas, os tipos de contadores ou medidas de aforro. En horario de 10:00 a 12:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981771300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]