CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de abril

447

Betanzos, 23 de marzo de 2021. Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Do 5 ao 22 de abril comezamos o curso “Iniciación á Informática” dirixido a persoas sen coñecementos no uso do ordenador nin no paquete ofimático. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 17:30 h presencialmente.

Do 12 ao 15 de abril comezamos cun curso “Edición de vídeo con Openshot” dirixido a persoas sen coñecementos previos que lles interese crear vídeos con fotografías, outros vídeos ou cas súas cancións favoritas. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia.

Do 27 ao 29 de abril será a quenda do obradoiro “Iniciación a Internet e Correo Electrónico”. Dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:30 h a 17:30 h presencialmente.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 (ext 2401), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected].