Betanzos recibe unha doazón do que pasa a ser o seu documento máis antigo do arquivo municipal

491

Trátase dun foro dunha finca de Cortiñán, outorgado por Ares Pardo das Mariñas a comezos do século XV

O Arquivo Municipal de Betanzos recibiu na mañá do pasado luns 14 de xullo, a doazón dunha peza tan simbólica como importante. Trátase xa do documento máis antigo conservado por esta institución, que entre as súas máis de dez mil caixas de documentos contaba con disposicións de finais do século XV.

A boa nova débese a unha doazón dunha veciña de A Coruña, quen contactou co arquivo para entregar un documento que lle tiña sido legado no pasado. Trátase dunha escritura de foro dunha finca situada na parroquia de Santa María de Cortiñán, datada en torno a 1420.

 

 

A transcrición do documento xa fora publicado por Francisco Vales Villamarín nunha edición do Boletín da Real Academia Galega e incluida, tempo despois, no volume das súas obras completas.

O documento, recibido por parte da alcaldesa do Concello de Betanzos, María Barral, e do director do Arquivo Municipal, Ángel Arcay, xa se encontra dispoñible para a súa consulta na páxina web bam.betanzos.gal