CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de decembro

243

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

O día 13 de decembro realizarase o curso “Postais de Nadal” dirixido á poboación menor de idade. Curso presencial en horario de 16:00 h a 18:00 h.

O día 15 de decembro realizarase o curso “Compras seguras” dirixido á poboación en xeral. Curso presencial en horario de 16:00 h a 18:00 h.

O día 20 de decembro realizarase o curso “Felicitacións de Nadal con Canva” dirixido á poboación en xeral. Curso presencial en horario de 16:00 h a 18:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]