Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.
O día 7 de febreiro comezamos cun curso de capacitación dixital “Navegación segura en Internet” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 a 11:30 horas.
Os días 19, 21, 26 e 28 de febreiro terá lugar o curso “LibreOffice Writer” dirixido á poboación en xeral. En horario de 09:00 a 10:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/gl, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal