Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar tres actividades formativas.
Os días 3, 5, 7, 10, 12 e 14 de febreiro celebrarase o curso “Iniciación á Informática” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.
Os días 17, 19, 21, 24 e 26 de febreiro celebrarase o curso “Paquete ofimático LibreOffice” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.
O 28 de xaneiro celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.











