CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de maio

281

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar duas actividades formativas.

Os días 6, 9, 13, 16, 20, 23, 27, 30 de maio e 3 e 6 de xuño celebrarase o curso Itinerario de emprego para adquirir competencias e habilidades dixitais para o emprego. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 13:00 h.

Está dirixido á poboación feminina que se atope en situación de desemprego, sen experiencia laboral, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais e/ou residentes no rural.

É unha actividade organizada polo Departamento de Orientación Laboral do Concello de Betanzos e a aula CeMIT do Concello de Betanzos en colaboración coa Fundación Mujeres.

Para máis información e inscricións, presencialmente na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.

O Departamento de Orientación Laboral do Concello de Betanzos e Aula CeMIT do Concello de Betanzos.

O 26 de maio celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 09:00 horas.

O 28 de maio celebrarase o obradoiro “A administración cerca de ti” dirixido á asociacións do Concello de Betanzos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:00 h a 13:00 h. Terán a oportunidade de adquirir o Certificado Dixital no propio momento e resolver dúbidas sobre a Administración Electrónica.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.