Sandra Vázquez do ITF Brigantium campioa de Europa

301

Do 9 ao 13 de abril, celebrousena illa de Malta o “Campionato de Europa ISKA” de kickboxing, no que participou Sandra Vázquez do ITF Brigantium na categoría senior feminina -50 kg.

Sandra Vázquez disputou o seu primeiro campionato internacional na categoría absoluta, sendo escollida pola selección española para pelexar en pointfighting e en K1.

En pointfighting tivo que disputar a final contra a outra española da delegación demostrando o altísimo nivel do equipo, Sandra gañou cun resultado axustadísimo pola diferencia mínima dun punto (12-11).

En K1, a pesar de facer un grandísimo combate, caeu en semifinais contra a representante maltesa, tendo que conformarse cun bronce sendo merecedora dunha amplia victoria, condicionada a decisión arbitral pola presión do entorno ao pelexar na casa a súa rival.

O club ITF Brigantium xa ten a mira posta no Trofeo internacional Ribeira Sacra, ademáis do campionato de España de kickboxing e o mundial ISKA que se disputará en Australia a mediados de outubro.

Dende o club, felicitan á deportista pola súa constancia e esforzo, ademáis de agradecer os apoios recibidos por parte do Concello de Betanzos.