Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.
Os días 7,8,9 e 10 de marzo comenzamos co curso “Certificados e Trámites Electrónicos” dirixido á poboación. En horario de 10:00 a 11:30 horas.
Os días 8,10,15,17,22 e 24 de marzo comenzamos co curso “LibreOffice Writer” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Neste curso terán ocasión de coñecer os fundamentos dun procesador de textos, tales como formato, táboas, inserir obxectos, corrección ortográfica… En horario de 16:00 a 17:00 horas.
Do 14 ao 17 de marzo será a quenda de “Teléfono móbil” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. En horario de 10:00 a 11:30 horas.
Do 21 ao 24 de marzo será a quenda de “Certificados e Trámites Electrónicos” dirixido á poboación. En horario de 10:00 a 11:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]