O Concello de Betazos conmemora o Día de Rosalía con contacontos e obradoiros sobre a escritora

420

Entre o 23 e o 25 de febreiro, semana na que se conmemora o Día de Rosalía de Castro, o Concello porgrama diversas actividades para o alumnado de primaria e secundaria centradas en difundir e dar a coñecer o legado da escritora e a importancia da súa figura e do seu legado.

Os días 23 e 24 de febreiro o Concello de Betanzos programou en colaboración cos centros de ensino diversos contacontos ilustrados arredor da figura rosaliana para o alumnado de sexto de educación primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Nestes contacontos, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo correo do vento, relatarán e ilustrarán dun xeito lúdico a biografía de Rosalía de Castro e interactuarán cos rapaces e rapazas para rematar cun obradoiro de ilustración no que debuxarán unha caricatura de Rosalía de Castro.

Por outro lado, os días 24 e 25 de febreiro o colectivo Vella Escola realizarán diversos obradoiros de rap arredor de Rosalía de Castros para o alumnado de secundaria do IES Francisco Aguiar, IES As Mariñas e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. A Vella Escola ofrece unha proposta lúdica para o alumnado de secundaria con estes obradoiros de rap en lingua galega nos que se traballa con textos de Rosalía e sobre temáticas que a escritora aborda nas súas poesías e que están especialmente dirixidos para a mocidade a través dunha proposta lúdica e divertida para os mozos e mozas na que se traballan recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas, así como temáticas de interese para a mocidade combinadas con diferentes textos e poesías de Rosalía.