CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de marzo

830

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos, terán lugar as seguintes actividades formativas:

O día 2 de marzo desenvólvese a charla “Sensibilización en igualdade de oportunidades”.Charla que se emite por videoconferencia dentro do ciclo de charlas 8M: Muller e igualdade. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

Os días 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de marzo realízase o curso Elaboración de CV e busca de emprego por Internet”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

O día 9 de marzo desenvólvese a charla “A mensaxe e a linguaxe igualitaria”. Charla que se emite por videonconferencia dentro do ciclo de charlas 8M: Muller e igualdade. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 16 de marzo desenvólvese a charla “Eu empodérome, ela empodérase”. Charla que se emite por videonconferencia dentro do ciclo de charlas 8M: Muller e igualdade. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 17 de marzo desenvólvese a charla “Fotografía dixital: Retoca imaxes e crea os teus álbums dixitais”. Charla que se emite por videonconferencia. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 18 de marzo realízase o taller Sede Electrónica do Concello de Betanzos”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 18:00 h.

O día 23 de marzo desenvólvese a charla “Son muller e non estou soa”. Charla que se emite por videonconferencia dentro do ciclo de charlas 8M: Muller e igualdade. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 a 18:30 h.

Os días 24,25 e 26 de marzo realízase o obradoiro LibreOffice Impress Iniciación”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

O día 24 de marzo desenvólvese a charla “Protección de datos: Cuida a túa identidade dixital”. Charla que se emite por videonconferencia. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 30 de marzo desenvólvese a charla “A historia feita por mulleres”. Charla que se emite por videonconferencia dentro do ciclo de charlas 8M: Muller e igualdade. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.