CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de outubro

612

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Do 28 de Setembro ó 1 de Outubro comezamos cun curso de capacitación dixital “Iniciación á informática” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 a 10:00 horas.

Do 5 ó 8 de Outubro será a quenda de “LibreOffice Writer” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Neste curso terán ocasión de coñecer os fundamentos dun procesador de textos, tales como formato, táboas, inserir obxectos, corrección ortográfica… En horario de 09:00 a 10:00 horas.

Do 5 ó 8 de Outubro será a quenda de “LibreOffice Impress” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Neste curso terán ocasión de coñecer os fundamentos dunha presentación, pase de diapositivas, incorporar imaxes,son, vídeo, etc… En horario de 16:15 a 17:15 horas.

Do 20 ó 22 de Outubro terá lugar o curso “Certificados Dixitais e Sedes Electrónicas”dirixido a poboación en xeral sen coñecementos previos na Administración Electrónica. En horario de 09:00 a 10:00 horas.

Do 20 ó 22 de Outubro terá lugar o curso “Teléfonos móbiles ”dirixido a poboación en xeral sen coñecementos previos. Nesta actividade familiarizarémonos co entorno do móbil, descargar aplicacións, mantemento do terminal, etc… En horario de 16:00 a 17:00 horas.

Do 26 ó 29 de Outubro terá lugar o curso  “Preparación exame Códix: LibreOffice Calc ” dirixido á poboación en xeral con coñecementos avanzados de informática. En horario de 10:00 a 12:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]