O Concello ampliará a situación de excepción con respecto á ampliación da superficie das terrazas de hostalaría ata o 31 de xaneiro de 2021

553

O Concello reiterou a súa vontade de colaborar ao máximo co sector hostaleiro  canto a flexibilizar a ampliación da zona de terraza para así minimizar a normativa estatal de redución de mesas. Neste sentido,  o goberno local que manterá esta situación excepcional  ata o 31 de xaneiro de 2021.

O Concello revisará a situación de cada terraza para facilitar esta extensión de permiso e as capacidades permitidas para que se cumpra a normativa vixente.  Trátase de medidas en beneficio do sector e acordes para garantir as medidas de seguridade esixidas polo Goberno central para frear a pandemia.

A pesar dese incremento de superficie outorgado polo Concello, débese respectar en todo caso a proporción entre mesas e superficie dispoñible, e non se poderá, baixo ningún aspecto, superar o número de mesas  que ten cada establecemento na súa solicitude de autorización. Neste sentido, desde a área de Urbanismo faise un chamamento á hostalaría e á clientela para que se respecten as distancias de seguridade.

A Policía Local fará un especial seguimento do cumprimento das normativas e  a “obriga” de manter a distancia entre mesas e que os grupos de reunión poden ser dun máximo de 10 persoas respectando tamén as distancias sociais.

Aínda que ao longo do verán, e desde o levantamento do estado de alarma, non se observaron comportamentos fóra da norma, á marxe de varias advertencias en momentos puntuais, desde a Policía Local advírtese que o incumprimento da normativa levará aparellada unha sanción.

A maiores desta colaboración co sector, o Concello, dentro do programa Reactiva, outorgará tamén axudas aos hostaleiros e hostaleiras e ao resto do comercio local que se viron afectados o estado de alarma. Axudas que nestes momentos, unha vez cumpridos os prazos de solicitude,  están en proceso de baremación de documentación. Estas axudas chegarán nalgúns casos ata os 700 euros. Concederase unha cantidade máxima de 500 euros para as persoas autónomas ou microempresas cando a actividade que desenvolvan se viu  afectada polo peche de establecementos e unha de 300 euros a aquelas persoas autónomas ou microempresas que  sufriron unha redución da súa facturación.

Estas cantidades 500 euros e 300 euros incrementaranse nun máximo de 100 euros en caso de ter ata 4 traballadores/as (ademais da persoa solicitante) e nun máximo de 200 euros  en caso de ter ata 9 traballadores/as.