CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de febreiro

792

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos, terán lugar as seguintes actividades formativas:

O día 3 de febreiro desenvólvese o curso “Compras seguras por Internet”.Con esta actividade terá a oportunidade de aprender a utilizar os métodos de pago seguros. Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 16:30 a 18:00 h.

O día 5 de febreiro realízase a charla Seguridade en Internet: Día Internacional de Internet Segura”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 18:00 h.

Os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro realízase o curso Aprende a usar a tablet (Grupo I)”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

Os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro realízase o curso Aprende a usar a tablet (Grupo II)”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 18:00 h.

Os días 17, 18, 19 e 20 de febreiro realízase o obradoiro Iniciación á informática”. Dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 18:00 h.

Os días 24,26 e 27 realízase o curso LibreOffice Writer Nivel Medio”. Dirixido á poboación en xeral con unha base no programa LibreOffice Writer. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:30 h a 18:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.