Entrega dos premios da Semana do Pincho 2019

61
A alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela xunto aos premiados na semana do pincho 2019

A alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, entregou os premios da Semana do Pincho 2019.

Recaeron no restaurante Casanova -coa súa elaboración de título “Caza e Monte”, con base de carne de xabaril, castañas, hortalizas e cacao- e para o establecemento hostaleiro CHO, que levou o Premio Popular polo seu petisco titulado “Luriña rechea sobre crema de pataca con pisto”.

Participaron o Yocri, o Mesón Avenida, o Ristorante Sinuessa, a Artesa da Moza Crecha, o Cho, o Bar O Candil, A Tasca, a Adega do Pino, O Picho Carolo, o Bar Paxeiro, o Roncón Taberna, o Café Bar Jenny O Bacel, a Casa Carmen, o ONZE, a Adega Lastras, a Casa do Queixo, El Histórico, o Café Lanzós, o Restaurante Casanova, a Cervezoteca A Tinería, La Bodeguilla, O Recanto, o Mesón a Tixola, a Vinoteca Versalles, o Bar Rabel e O Furancho.