Centos de persoas gozaron da primeira edición do Encontro dos Maiores de Betanzos. galería de imaxes

366
Primeira edición do Encontro dos Maiores de Betanzos no auditorio do Pasatempo celebrado o pasado mes de xuño

Betanzos celebrou o pasado domingo 26 de xuño, o primeiro Encontro dos Maiores ao que asistiron centos de persoas e co que o Concello  homenaxeou ás persoas maiores de 60 anos e organizou para eles unha xornada especial tras dous anos de suspensión de numerosas actividades como consecuencia da pandemia. O encontro tivo lugar no auditorio do Pasatempo e contou coa actuación do Dúo Sonidos e de Sito  Sedes e a orquestra Os Satélites.

A alcaldesa, María Barral, lembrou que a Covid  “fixo, entre outras moitas cousas, que o noso día a día cambiase, que as nosas relacións sociais non fosen como antes. Pasamos dous anos nos que cada un e cada unha de nós tivemos que adaptarnos a novas situacións como, por exemplo, quedar na casa ou manter distancias”.

Con todo, este este ano comeza “unha nova etapa, cunha situación pandémica moi diferente, empezamos a vivir de novo coa normalidade que tanto botamos de menos. Esa normalidade que tiñamos antes. Eses encontros cos nosos seres queridos, cos nosos amigos, con esas persoas que hai tempo que non viamos e coas que queremos atoparnos. Porque se houbo un colectivo que durante a pandemia non o pasou ben, que foi dos máis afectados e máis castigados pola Covid, ese foi, precisamente, ou das nosas persoas maiores”.

É por iso, que o Concello celebrou “unha xornada diferente. Unha tarde de encontro de todos e todas dos maiores de Betanzos. Unha festa homenaxe a todos e todas por eses dous anos nos que non puidemos vivir coma sempre, non puidemos gozar de festas nin ter encontros entre nós”.