Comunicado Escuela Municipal de Folclore (EMuF)

630

A Concellería de Cultura e a dirección da Escola Municipal de Folclore (EMuF) deciden adoptar novas medidas de xeito preventivo e realizar a actividade docente de modo telemático desde hoxe, 21 de xaneiro, e ata que dure a situación actual e o alto nivel de contaxios en Betanzos.

O Concello de Betanzos adopta esta decisión como medida de precaución e para colaborar coa recomendación de que evitemos os contactos sociais ao máximo debido á situación sanitaria actual e á evolución epidemiolóxica de contaxios da Covid-19 en Betanzos. Se ben é certo que o alumnado ten un comportamento exemplar e cumpre estritamente os protocolos de seguridade sanitaria, queremos que a Emuf siga sendo un referente positivo de valores cidadás no voso tempo libre, por iso decidimos continuar coa actividade dun xeito seguro e de maneira preventiva aínda que as restricións nos permitan realizar a actividade presencial.

Agardamos que esta situación pase o máis axiña posible e poidamos retomar as aulas presenciais en canto o nivel de risco de contaxios na localidade sexa menor e a situación epidemiolóxica mellore