Reunión COVID previa ao peche perimetral decretado pola Xunta

565

A alcaldesa. María Barral, xunto ao concelleiro Diego Fernández, mantivo na mañá do pasado día 19 de xaneiro, unha reunión de coordinación con responsables técnicos de Servizos Sociais, Policía Local, e Protección Civil previa ao peche perimetral decretado pola Xunta ante a situación xerada pola pandemia.

 

 

A primeira edil analizou xunto aos técnicos diversos programas de actuación no ámbito de seguridade e no ámbito social. Indicou que “entende perfectamente” o peche perimetral pola actual situación e mostrou a súa preocupación ante o aumento do número de  contagios.

Trasladou á Xunta a súa máxima colaboración e volveu insistir na necesidade e importancia de que se cumpran as medidas de seguridade en canto a distancias e hixiene.