Acondicionamento dos parques infantís

862

A Concellería de Obras desenvolve un amplo programa de actuacións de mellora do mobiliario urbano que inclúe os xogos infantís, os bancos, as papeleiras, as fontes e os lavadoiros e as xardineiras.

Nos últimos días os traballos de mellora centráronse nos parques infantís co arranxo de diversos xogos e o pintado destes. Unha actuación que se incluíu nesta fase o parque do Pasatempo e o de Pintor Seijo Rubio.

Continuará agora no resto de parques infantís. No últimos días fixeronse actuacións no parque Alfonso IX, a avenida de O Carregal e os de A Condesa. También se executaron obras na plaza Francisco Blanco.

A seguinte fase de traballos incluirán actuacións nos parques e mobiliario da zona rural.

O concelleiro tamén lamentou “as desfeitas producidas en mobiliario urbano da Covid-19, neste caso, nalgúns dos dispensadores colocados polo Concello, que xa tiveron que ser arranxados en varias ocasións” como o do parque do Pasatempo.

O Concello instalou tamén novas xardineiras de madeira na zona do centro histórico. Trátase de mobiliario realizado polos servizos municipais que conta cunha árbore ornamental. Maceteiros similares foron situados na zona da praza dos Irmáns García Naveira con árbores de loureiro, vinculado á tradición do viño do país que están a ser obxecto dunha praga e que terán que ser repostos.  O concelleiro, Diego Fernández, anunciou que se traballa nos talleres municipais para confeccionar novas xardineiras que se colocarán noutras partes da cidade.

Xunto con elas, tamén se acaba de renovar a planta ornamental dos maceteiros situados nos farois da praza dos Irmáns García Naveira. Locen desde hai uns días plantas de tempada.

No plan de actuacións tamén se incluíu a mellora dos bancos de toda a cidade. Fóronse revisaron e axustando para, nesta última fase, realizar un traballo de pintura daqueles que se atopaban en peores condicións.  Así, pintáronse a zona centro, a avenida Jesús García Naveira, os bancos do paseo do Carregal ou do propio parque do Pasatempo. Ademais, acondicionouse o que rodea a árbore da praza de Lanzós, un dos máis utilizados pola súa singularidade e por estar situado nunha zona que recibe múltiples visitas.