Concello, Estrella Galicia e Viaqua colaboran co obxetivo de mellorar a calidade das augas

46
A alcaldesa, María Barral, con representantes de Viaqua e Estrela Galicia no salón azul do edifico Liceo

O Concello de Betanzos, Estrella Galicia e Viaqua reúnense para colaborar e procurar solucións para mellorar a calidade das augas urbanas e a biodiversidade local arredor do encoro de Cecebre.

Existe a vontade, por parte das tres entidades, de desenvolver proxectos colaborativos e innovadores na procura de solucións baseadas na natureza que contribúan ao fin común.