“Construíndomos na escrita”, un novo obradoiro de poesía e escrita creativa para mozos e mozas no IES As Mariñas que comeza este luns 27 de xaneiro

597

Este luns, 27 de xaneiro, dará comezo no IES As Mariñas por segundo ano consecutivo un obradoiro de poesía e escrita creativa “Construíndomos na escrita” para un grupo de mozos e mozas especialmente interesadas na escrita literaria en galego. Este obradoiro, que correrá por conta de Apiario, será conducido pola escritora galega Dores Tembrás, desenvolverase en varias sesións entre os meses de xaneiro e xuño de 2020.

O Concello de Betanzos programa esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística logo da proposta da dirección e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES As Mariñas para desenvolver nun espazo máis longo de tempo os obradoiros de escrita que se veñen levando a cabo cada ano con motivo do Día do libro e para potenciar a participación no Concurso de creación literaria que este ano chega á súa décima edición.

Construíndomos na escrita” pretende, ante a grande barreira que adoita provocar a poesía e a literatura en xeral co alumnado, busca desmitificar multitude de tópicos que xorden arredor da escrita. As sesións afróntanse dende o sensorial e o interdisplinar, a través do debate colectivo arredor das experiencias, do emprego da propia voz para escoitar as palabras no eco, da relación que se crean entre elas na sinestesia e noutros recursos estilísticos, achegaranse ao misterioso xogo e á revelación que que proporciona a poesía, para chegar á escrita colectiva ao final de cada encontro.