Curso “Aulas TIC”

214

Os días 13, 17 e 20 de xuño celebrarase o curso Aulas TIC para adquirir competencias e habilidades dixitais para o emprego. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Está dirixido á poboación en xeral que se atope en situación de desemprego.

É unha actividade organizada polo Departamento de Orientación Laboral do Concello de Betanzos e a aula CeMIT do Concello de Betanzos en colaboración coa asociación Red Araña.

Para máis información e inscricións, presencialmente na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.