Entrega dos premios da semana da tortilla e da semana do Pincho 2021

509
A alcaldesa, María Barral, entregoulle a Esther Corral, responsable de Bar Galicia, o premio á Mellor Tortilla e o premio Popular da semana da tortilla 2021.

A alcaldesa, María Barral, entregoulles aos responsables de Bar Galicia os premios á Mellor Tortilla 2021 e Premio Popular 2021.

O establecemento impúxose nas dúas modalidades o pasado ano, por diante dos 15 locais participantes na Semana da Tortilla.

Por distintas razóns relacionadas coa pandemia, a entrega do distintivo  non puido realizarse ata agora.

No mesmo acto tamén se entregou o Premio ao Mellor Pincho na Semana do Pincho á Vinoteca Versalles. Ademais de entregarlle o premio popular á Adega O Pino.

A alcaldesa, María Barral, entregoulle a Francisco García Naveira, responsable da Vinoteca Versalles, o premio do xurado da semana do pincho 2021
A alcaldesa, María Barral, entregoulle a Antón Belmonte Crespo, responsable de Adega do Pino, o premio do popular da semana do pincho 2021