Aberto o prazo de inscrición na Escola de costas do programa de avellentamento activo

49

O Concello inicia o próximo día 9 o prazo de inscrición para participar na Escola de costas, un programa enmarcado no proxecto “Cóidate” de avellentamento activo impulsado desde a área de Servizos Sociais.

Está dirixido ás persoas maiores do Concello e a inscrición debe realizarse nas oficinas de Servizos Sociais. Está dirixido aos maiores do Concello e a inscrición debe realizarse nas oficinas de Servizos Sociais.

A actividade, gratuíta, comezará o día 15 de novembro e alongarase ata xuño do vindeiro ano. Terá lugar os martes e venres de 10:30 h a 12:00 h.

As prazas son limitadas.