Presentación da San Silvestre Betanceira 2022

56
A alcaldesa María Barral e o concelleiro de deportes Andrés Hermida xunto a membros do clube de atletismo
O pasado día 2 de novembro, tivo lugar o acto de presentación da San Silvestre Betanceira que regresa logo de dous anos de parón.
A proba, organizada polo Concello xunto co Club Atletismo Betanzos, terá lugar o 31 de decembro, a partir das 17:00 horas.
Desde o Concello de Betanzos queremos agradecer o labor de todas as persoas e entidades cuxo traballo e colaboración fai posible o regreso desta proba.

Xa podedes inscribirvos a través desta ligazón: https://bit.ly/3sWR5mM