- Este evento ha pasado.
O alumnado do IES Francisco Aguiar ofrecerá un concerto de fin de curso na Aula de Cultura Xulio Cuns
Xuño 7 @ 12:00 - 13:30

O Concello de Betanzos acollerá o vindeiro 7 de xuño ás 12:00 horas un concerto de fin de curso protagonizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Linguaxe e Práctica Musical do IES Francisco Aguiar.
A actuación terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns, situada no edificio do Liceo, e permitirá ao público desfrutar dun repertorio preparado polo alumnado ao longo do curso académico, nunha actividade que pon en valor a formación musical e artística da mocidade betanceira.
O concerto será de acceso gratuíto ata completar aforo.
Desde o centro educativo destacan a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar a creatividade, o traballo en equipo e a difusión da cultura musical entre a cidadanía.







