- Este evento ha pasado.
Proxección da longametraxe para público adulto “NO OTHER LAND” (Basel Adra, Hamdan Ballal, Yuval Abraham e Rachel Szor, 2024)
Abril 11 @ 20:30 - 22:30

No Other Land (2024)
Cámaras e testemuñas como única arma de resistencia
Sinopse
Ao largo de cinco anos, os periodistas Basel Adra (palestino) e Yuval Abraham (israelí) estiveron documentando a expulsión dos habitantes de Masafer Yatta, por parte do exército israelí, mediante demolicións clandestinas que intentan converter a rexión en “zona de adestramento militar”.
O documental aborda a crítica aos desprazamentos forzosos, mais tamén evidencia o mecanismos de terror usados contra as comunidades palestinas, onde a máis mínima protesta pacífica esperta o espírito vingativo do exercito cheo de furia xenófoba.
• 2025. Óscar ao Mellor longametraxe documental.
• 2024. Festival de Berlín. Mellor documental e Premio do Público
Dentro do ciclo “Betanzos con Palestina”. Entrada de balde ata completar a capacidade.
Organizan Concello de Betanzos e Plataforma Comarca Betanzos con Palestina.







