Homenaxe do Concello a todas e todos os profesionais e voluntarios que teñen un papel esencial nesta crise sanitaria

781

O Concello, situado na praza da Constitución, iluminarase de verde desde o pasado luns 8 de abril, como mostra de agradecemento ao persoal sanitario, corpos de seguridade, Protección Civil, Cruz Vermella, farmacias, persoas voluntarias e traballadoras doutros servizos como o transporte, a limpeza, a alimentación etc. que co seu labor combaten diariamente a crise da Covid-19. A iluminación comezará ás 20.00 h e concluirá todos os días ás 24:00 h.

“É unha homenaxe a todas e todos os profesionais e voluntarios que teñen un papel esencial nesta crise sanitaria e, sobre todo, porque cada día a súa dedicación no posto de traballo vai máis aló. Iluminaremos a fachada do Concello a partir das 20.00 h, coincidindo co momento no que desde a casa lles transmitirmos o noso recoñecemento en forma de aplauso”, explicou a alcaldesa, María Barral.