O Concello acomete un programa de limpeza de zona urbanas , mobiliario e sinais afectadas por pintadas.

145
Urbanización da Condesa

A Concellería de Infraestruturas está a desenvolver un programa de limpeza urbana que abarcará todos os barrios da cidade.

Os traballos, nesta fase, realízanse a través dos servizos municipais e incluirán tanto zonas urbanas abertas como prazas ou parques ademais do pintado e limpeza de mobiliario urbano e sinalización vertical, que en moitos casos tamén sufriron actos de vandalismo con pintadas.

Nos últimos días os traballos executáronse na praza de Pepito Arriola para continuar agora na urbanización da Condesa. Despois, os/as operarios/as desprazaranse á zona da Ribeira, e a contorna de Alexandre Bóveda, rúa do Rollo, Pintor Seijo Rubio e antigo ambulatorio e avenida Jesús García Naveira.

O programa prevé unha segunda fase de limpeza de vías con apoio externo aos servizos municipais que incluirá todas e cada unha das rúas da cidade.

Ademais destes traballos de limpeza, desde a concellería tamén se mantén o programa de roza de camiños que, este ano, debido ás condicións do meteorolóxicas tivo que alongarse durante máis tempo e repetirse en moitos viais municipais.

Pivotes na Condesa

Por outra banda, desde o goberno local aclararon que os pivotes instalados na rúa As Mariñas  responden a unha petición realizada pola comunidade de veciños que lle pediu ao Concello “a súa instalación para habilitar espazo que permitise unha saída e entrada ao aparcadoiro do edificio, tendo en conta que en moitas ocasións se invadía parte do vao”.