La Casilla proclamouse campión da XXXIX edición do Torneo San Roque de fútbol sala ao vencer 3-2 a Pórtico Futsal nunha final moi disputada, co pavillón municipal a rebordar.
Na entrega de trofeos participaron autoridades deportivas, representantes de ACEBE, o delegado de deportes e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, que entregou o título aos gañadores.
Na final de consolación, Comercial Veiga superou a Copitec.
O torneo, todo un clásico do verán betanceiro, volveu encher o Municipal José María Valeiro Iglesias. Parabéns ao Troula FS pola organización.
1 de 32










