O concello de Betanzos homenaxea aos padexeiros betanceiros, Antón Lagares Montes e Javier Cid Castro

524
O Concello de Betanzos homenaxea aos padexeiros betanceiros, Antón lagares Montes e Javier Cid Castro, que están a levar o nome de Betanzos por todo o mundo.

 

Antón Lagares Montes conseguiu o bronce mundial no campionato celebrado en Montemor o Velho (Portugal) e foi subcampión europeo en Pitesh (Rumanía), nas dúas ocasións na categoría C2-500.

 

Javier Cid Castro ten o 4º posto no mundial junior C4-500 e o 5º europeo na categoría C2-1000.

 

Ambos, canteiranos do Club Ría de Betanzos – Piragüismo, xunto a familiares e amigos/as, foron recibidos pola alcaldesa, María Barral, e o delegado de Deportes, Ricardo Cheda, na sala capitular, onde lles entregaron un pequeno agasallo en recordo da súa excelente traxectoria deportiva.