Nadia Calviño, asina no Libro de Ouro municipal.

380

Na súa visita ao Concello de Betanzos polas Festas do SanRoque2022, a pregoeira e vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, asinou o Libro de Ouro municipal.

“Que emoción poder compartir estas festas tan especiais. Moitas grazas querida alcaldesa, corporación municipal, betanceiros e betanceiras por acollerme con tanto cariño. Co meu máis profundo aprecio e respecto – Nadia Calviño”.