Este establecemento impúxose nesta categoría a Bar Galicia, gañador no últimas catro edicións, e O Noso Recuncho, gañador da Semana da Tortilla en 2023.
Bar Kutako obtivo o premio popular na Semana da Tortilla de Betanzos despois de contabilizar os votos emitidos durante toda a semana nos 19 establecementos que participaron na edición deste ano.
Cabe lembrar que na edición deste ano, o premio foi para Café de Segundo por diante de Adega Lastras; A Cova do Frade; Mesón O Progreso; e Café Bar Yocri.
Por primeira vez este local obtivo premio na cata a cegas ante un xurado composto polo chef estrela Michelín Luis Veira; Álvaro Victoriano presidente do colectivo de cociñeiros e cociñeiras Coruña Cociña; e a chef e formadora Beatriz Sotelo, distinguida tamén con Estrela Michelin. Os tres destacaron a calidade das tortillas presentadas ao concurso e a complicación que cada ano existe para outorgar o premio á mellor tortilla por “a igualdade e a calidade” das elaboracións que se presentan.
En canto ao concurso de mellor tortilla caseira, o premio foi Xabier Pérez González quen resultou gañador nunha edición na que particparon 14 persoas. O xurado, presidido neste caso polo campión de España de Tortilla, Alberto García Ponche, e representantes de ACEBE e a Reserva da Biosfera, elixiu a tortilla presentada por Xabier Pérez por diante das de Javier Loureiro Cal, que quedou en segunda posición; e Inés Muller Guevara, que quedou terceira. Os membros do xurado destacaron tamén o nivel das tortillas presentadas e a dificultade á hora de elixir as tres mellores.










