
Na XI edición Terras do Mandeo que se celebrará o 24 de novembro, haberá unha proba de 20 km, unha de 14 km que coincide co trazado da andaina, non competitiva, así como unha proba para as pequenas e pequenos.
Na presentación do evento participaron o concelleiro de Deportes de Betanzos, Ricardo Cheda; o alcalde de Paderne, Sergio Platas; Josecho Roel, directivo do CAB; e o concelleiro de Coirós, Francisco Manuel Crespo, xa que o trail transcorre por territorios da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas .
O evento está organizado polo Club Atletismo Betanzos co apoio dos concellos de Betanzos, Coirós e Paderne.
Para inscribirse na proba prema aquí










