Hugo Seijo, betanceiro procedente do club Santo Domingo Betanzos, milita actualmente no Club Baloncesto Málaga S.A.D. coñecido tamén como UNICAJA Málaga. Leva aproximadamente dous meses disfrutando dunha experiencia única nun equipo mundialmente recoñecido, que aposta pola canteira e deportistas que dende a base compiten a bo rendemento para formar un equipo sólido e competitivo.
O Concello de Betanzos apoia a todos os deportistas de base e comparte estas fotografías que nos chegan dende Málaga, onde Hugo Seijo disfruta xa coa súa nova equipación. Un éxito total para o deportista betanceiro pero tamén para un club local que segue a ser referente en canto e equipos de base, masculinos e femininos, sacando xogadores adiante dende a base que dan o salto a equipos profesionais como o UNICAJA. Moitísima sorte e moitos éxitos deportivos! Dende Betanzos, agardamos que Hugo disfrute cada minuto desa experiencia.












