O Consorcio As Mariñas termina en Betanzos a campaña de compostaxe doméstica cunha entrega en Xanrozo

554

A campaña de compostaxe doméstica impulsada polo Consorcio As Mariñas termina esta semana en Betanzos cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada en Xanrozo. O encontro tivo lugar o martes 28 de outubro e contou coa incorporación de 4 novas familias á iniciativa de autoxestión dos biorresiduos.

Con esta nova edición, o Consorcio continúa ampliando a rede de fogares comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Nas sesións explicáronse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un kit completo de autocompostaxe, que inclúe composteiro, aireador, termómetro e peneira. A participación é gratuíta e recoméndase formalizar a inscrición previa a través da web para axilizar a entrega do material.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada napáxina web do Consorcio: https://www.consorcioam.org/gl/ou inscribirse directamente en https://consorcioam.rsu.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 981 784 704 ou do correo electrónico [email protected].

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.