O Camiño de Santiago, a viaxeira galega Exeria e os centenarios de Alfonso X “O Sabio” e Josquin Desprez protagonizaron o ciclo “Música Antiga” en Betanzos”

460
Betanzos, 24 de setembro de 2021. O Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM), o Concello de Betanzos e a Unidade Pastoral de Betanzos ce a terceira edición de ‘Música Antiga en Betanzos’, ciclo de tres concertos con entrada libre coproducido por estas institucións e integrado dentro do programa “Circuítos” do CNDM.4

Así, durante a fin de semana do 1 ao 3 de outubro, a cidade acolleu a destacados nomes da música histórica española: o ensemble vocal feminino Egeria, especializado na difusión da música medieval; Armonia Concertada, conxunto centrado nas obras para voz e corda pulsada do século XVI e Eloqventia, grupo encabezado por Alejandro Villar coa monodia lírica e o repertorio instrumental do medievo como base.

Peregrinos e centenarios

Como indica o seu nome, ‘Música Antiga en Betanzos’ centra a súa atención na música medieval, renacentista e barroca, seguindo a liña de recuperación e desenvolvemento deste repertorio por parte do CNDM (na presente tempada, o centro recuperará 55 partituras do patrimonio musical español e a súa programación estenderase por 37 cidades diferentes).

Nesta ocasión, baixo a denominación “Peregrinatio”, o ciclo galego tivo varios eixes vertebradores: as rutas europeas de peregrinación, lembrando como este fenómeno contribuíu de maneira inequívoca ao desenvolvemento e á consolidación do mundo que hoxe coñecemos e, en especial, o Camiño de Santiago neste ano Santo Xacobeo; a reivindicación da figura de Exeria, intrépida peregrina galega que escribiu o primeiro libro de viaxes clásicas español e con iso a homenaxe a todas as mulleres pioneiras esquecidas pola historia e os centenarios, do nacemento de Afonso X O Sabio (conmemoración dos oitocentos anos) e do falecemento do compositor Josquin Desprez (cinco séculos).

Así, o venres 1 de outubro na igrexa de San Francisco, o conxunto vocal feminino Egeria inaugurou este fin de semana musical cunha homenaxe á figura da viaxeira que lles dá nome. A voz das mulleres ouvirase con forza neste concerto que nos propón un percorrido pola paisaxe sonora da Europa medieval arredor de varias rutas de peregrinación como a Vía Francíxena, que partía de Canterbury con destino Roma, a peregrinación a Montserrat e, por suposto, o Camiño de Santiago, no que, partindo das humillantes sonoridades do Magnus Liber Organi de París, o sutil refinamento do Códice de Montpellier, os ecos franceses do Códice das Folgas, en Burgos, e cantigas de Afonso X O Sabio, chegaremos a Compostela e ao Códice Calixtino neste ano Santo Xacobeo.

Para máis información prema aquí

O sábado 2 de outubro, na igrexa de Santa María do Azouge, mergullarémonos na obra de Josquin Desprez da man do ensemble Armonia Concertada. O seu programa amosounos a enorme relevancia do compositor no ámbito cortesán peninsular lembrándoo no quinto centenario do seu falecemento. A través de arranxos propios para voces e vihuela de cinco pezas, ás que se engadirán versións para cantar e tanxer feitas polos propios vihuelistas e algunhas das súas páxinas máis populares para vihuela soa, seremos testemuñas dun brillante retablo da obra do xenial polifonista.

Para máis información prema aquí

Este intenso e fermoso paseo chegou ao seu fin o domingo 3 de outubro na igrexa de Santiago da man de Alejandro Villar e o seu grupo Eloqventia, baixo o título “O canto do peregrino”. Cancións e danzas medievais para amenizar o Camiño, volveremos gozar das músicas do Camiño de Santiago e do seu máximo esplendor durante a Baixa Idade Media. Como expoñente do crisol cultural da época, viviremos outra mirada a esa Europa musical a través dalgunhas das máis famosas danzas italianas e francesas, da música andalusí e, de novo, das Cantigas de Afonso X o Sabio.

Para máis información prema aquí

Os concertos distribuironse en tres espazos diferentes: a igrexa de Santa María do Azouge, a igrexa de San Francisco e a igrexa de Santiago, todos ás 20:00 h e con entrada libre ata completara capacidade, garantindo os protocolos de seguridade contra a Covid-19.