O campamento de verán Betanzos Concilia abre o prazo de inscrición o próximo luns 12 de maio.

1094

Un ano máis, o Concello de Betanzos pon en marcha o campamento de verán Betanzos Concilia, coa finalidade de axudar ás familias betanceiras a conciliar os tempos laborais e familiares durante a época estival.

Para descargar as bases prema aquí

Neste ano 2025 o campamento realizarase no Aulario de Infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín, en tres quendas diferenciadas; a primeira do 23 de xuño ao 4 de xullo, a segunda do 7 ao 24 de xullo, e a terceira do 28 de xullo ao 14 de agosto.

O horario distribúese de 08:00 a 15:00 horas; podendo ser a entrada ás 08:00 ou ás 09:00, e a saída ás 14:00 ou ás 15:00 horas.

O número de prazas ofertadas por quenda é de 60, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor será de 50 euros.

Poden realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2013 e 2021.

O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 12 de maio ata o luns 26 de maio. As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos.

Para inscribirse no campamento de verán Betanzos Concilia prema aquí

As persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán realizala solicitude de xeito presencial nas dependencias dos Servizos Sociais.