O Concello continúa coa programación do Ano Antolín Faraldo cos obradoiros “Faíscas de futuro” para o alumnado de secundaria

174

Ao longo deste mes de outubro o Concello de Betanzos continúa coa programación do Ano Antolín Faraldo nos centros de ensino betanceiros con diversas actividades pedagóxicas para conmemorar o bicentenario do nacemento do escritor e xornalista betanceiro.

Durante os días 5, 6 e 7 de outubro terán lugar diversos obradoiros de divulgación sobre a figura de Antolín Faraldo denominados “Faíscas de futuro” por conta de Rexenerando SGC no IES Francisco Aguiar, no IES As Mariñas e no CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” dirixidos a máis de douscentos alumnos e alumnas de 1.º de Bacharelato.

Os obradoiros “Faíscas de futuro” de divulgación arredor da figura de Antolín Faraldo combinan o achegamento á súa figura cun espazo de diálogo co alumnado que pretende traer ao presente as ensinanzas e os valores de Antolín Faraldo seguindo o seu espírito crítico e transformador para identificar as problemáticas da realidade galega actual e construír de maneira colectiva a portada dun xornal.