O Concello de Betanzos conmemorou o Día Mundial da Saúde Mental cun faladoiro sobre esta temática.

198

Da man da Deputación da Coruña, o Concello de Betanzos programou a actividade “As discordantes. Faladoiro sobre saúde mental e xénero”, a cargo de nomes tan relevantes na comunidade galega como os de Antía Yáñez (escritora), Claudia Morán (xornalista) e Rosa Cerqueiro (psicóloga clínica).

Foi unha oportunidade para aprender das persoas expertas, mais tamén unha xornada para compartir experiencias relacionadas coa saúde mental.

A actividade realizouse de maneira gratuita o xoves 10 de outubro, ás 17:30 horas, no Salón Azul do Edificio Liceo, .