Cambios de tráfico do casco histórico dende o día 7 de outubro ante o inicio das obras de construción de dúas zonas verdes en Cabildos e Travesa.

403
Rúa Travesa

Ante o inicio dos traballos de construción de dúas novas zonas verdes nas rúas Cabildos e Travesa, dentro do Programa de Mercados Sostibles financiado con fondos Next Generation, o Concello anunciou diversos cambios de tráfico no casco histórico durante o desenvolvemento das obras.

As restricións de tráfico poranse en marcha desde primeira hora da mañá do vindeiro luns, día 7 e afectarán:

– Rúa Travesa: esta rúa terá sentido de tráfico contrario ao actual.

– Rúa Cabildos: permanecerá cortada ao tráfico e ao paso peonil durante as obras. Só se permitirá pasar ao alumnado da escola infantil municipal e ás persoas acompañantes, e do  Conservatorio municipal dende a rúa San Francisco.

Rúa da Cerca e  adxacentes: Accederán a esta zona pola rúa Prateiros. Os días de feira mensual, deberán facelo a través da Ponte Vella.

O acceso ao centro histórico realizarase por Porta da Vila. Desde este punto, os vehículos circularán por rúa Nova, Torre, Pescadería, rúa Ferreiros para saír polo arco da Ponte Nova.

Só poderán saír pola Porta da Vila os vehículos de reparto que, polas súas características, non poidan circular cara á Ponte Nova. Nese caso, poderán  utilizar a Porta da Vila ata as 11.30 horas.

Os vehículos particulares que trasladen e recollan ao alumnado da escola infantil municipal disporán dunha zona reservada para estacionar (cun tempo máximo de 5 min.) na praza Fernán Pérez de Andrade.

O Concello lamenta os inconvenientes que estas obras poden causarlle ás persoas residentes do casco histórico e  á veciñanza en xeral; comercios ou profesionais de reparto, aínda que se trata dun proxecto e unhas actuacións que suporán unha mellora importante para a zona.