O Concello de Betanzos convoca o sorteo “Un maio de #letrasgalegasparaalembranza” dentro da programación dixital arredor do Día das Letras Galegas

738

O Concello bota a andar este 20 de maio o sorteo en Instagram “Un maio de Letras Galegas para a lembranza” para celebrar as Letras Galegas e dinamizar o uso do galego nas redes sociais. Esta proposta do Concello encádrase dentro da programación dixital arredor do Día das Letras Galegas logo de que o tradicional programa das Letras Galegas tivese que adiarse ao mes de outubro pola situación actual.

A finalidade do sorteo “Un maio de #letrasgalegasparaalembranza” é que as persoas participantes compartan nesta rede social entre o 20 e o 29 de maio imaxes que lles lembren a lingua galega, un sentimento, unha emoción, unha palabra ou un momento relacionado con ela, acompañadas dun pequeno texto explicativo en galego. Para poder participar no concurso, as fotos deberán ser públicas e levar o cancelo “letrasgalegasparaalembranza. As bases recollen dous premios, que se realizarán por sorteo logo de finalizar o prazo de publicación das fotografías.

Podes consultar as bases completas en www.betanzos.gal.